Description

Esta pequerrecha de ollos alegres chámase Alga e é unha das criaturas máis simpáticas do refuxio. Naceu cunha malformación nunha das patiñas traseiras, que lle impide apoiar a pata ao chan, mais ela corre, salta, e xoga como a que máis. Para Alga non hai obstáculos nin barreiras, soamente unha vida por diante para disfrutar, e que é mellor enchela de sonrisas.

Alga é ademáis unha cadeliña moi nova, de tamaño pequeno, podería adaptarse a vivir a calquera sitio, é obediente e zalamera, e encántalle estar metida en todos os allos. Quizáis sexas ti a persoa que ela necesita para percorrer o mundo.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si