Description

Esta cadeliña de cara doce chámase Alía e é exactamente o que parece, un rico carameliño desexando que alguén se namore dela. Os seus ollos inocentes non gardan ningún rancor, a pesar de ser tratada como un trapo toda a súa vida. Ten unha lesión antiga nunha patiña que nalgunhas ocasións fanlle coxear, pero ela corre, salta, e camiña sen ningún problema.

Alía é unha cadela aínda nova que chegou ao refuxio co corazón roto, pero consérvao cheo de esperanza. Polo seu carácter tímido, necesita unha familia paciente e sen présas, un lugar tranquilo para terminar de curar a feridas da alma.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si