Description

Estes olliños tan expresivos pertencen a unha integrande do noso refuxio chamada Arwen. Chegou a nós xunto con varios cans máis, procedentes dunha casa onde o número de animais aos que tiñan capacidade de atender dignamente fóiselles das mans hai tempo. Agora, tanto ela como os seus compañeiros, poden empezar a soñar con ter a vida que sempre mereceron.

Arwen é unha cadeliña moi nova que pouco coñeceu desta vida. O pouco contacto co exterior da súa vida anterior fixérona un pouquiño tímida, pero cando colle confianza, móstrase cariñosa e agradecida. Camiña xenial con correa e cos demais cans é respectuosa e sociable.

Arwen ten moito que aprender e moitas experiencias por vivir. Con ela non valen as présas, pero con agarimo e paciencia, será a cadeliña perfecta para calquera familia.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si