Description

Hai uns meses chegaban a nós, desde a provincia de Ourense, 11 cans provenientes dun caso de síndrome de Noé. Ao principio serían probablemente moi poucos cans pero, ao non estar esterilizados, pronto a cousa se descontrolou. A intención dos seus humanos seguramente non era facerlles dano, pero fixéronllo porque estes pobres acabaron malvivindo encerrados, hacinados e nunhas condicións pésimas. Deses 11 cans, chegou Bica a APADAN, unha xoven alegre, simpática e activa… pero bastante tímida cos descoñecidos.

Bica non é a primeira que se che vai a achegar nin a subir encima cando chegas ao refuxio, está afeita a compartir a súa vida con moitos cans e pouca xente. Pero é unha moza curiosa e valente que, con paciencia e tempo, superará todos os medos que hoxe a limitan.

Do mesmo xeito que os seus irmáns, non coñece nada do mundo e mírao continuamente con ollos novos. Haberá que ir amodo e con calma, pero tan pronto supere esa barreira, coñecerás á cadela máis cariñosa do mundo enteiro.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si