Description

Esta cadela potencialmente preciosa chámase Bluy e chegou a nós para volver tolas a todas as visitas, e é que non hai persoa que entre no refuxio e non quede prendada do guapa que é.

Bluy chegou ao refuxio despois de pasar por unha das canceiras da Deputación de Ourense. Estaba escuálida e en condicións físicas bastante malas, tardou un pouquiño en recuperar peso, pero xa está lista para atopar ese fogar que tanto e tanto merece.

Bluy é noviña, obediente, cariñosa e teatreira (se non lle dás a chuche que quere ponse a gritar como un lobiño en afán de dar pena) É moi simpática e encántalle dar longos paseos.

Entrégase desparasitada, vacinada, esterilizada e con chip. Para adoptala é necesaria obter a licenza administrativa para tenencia de animais clasificados como potencialmente perigosos.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si