Description
Este morenazo de ollos marróns chámase Boni e é un dos bomboncitos máis doces que viven no refuxio. Foi rescatado por unhas persoas en moi malas condicións, chegou ao refuxio cuns problemas de pel terribles, faltáballe pelo na maior parte do corpo, e traía ademais unha infección nos oídos que lle causaba moita dor.
Coa nosa atención veterinaria, moito tratamento e ata tres baños por semana, pronto se foi recuperando, e do mozo sen pelo que entrou pola porta do refuxio apenas queda rastro. Aínda queda un pouquiño para a súa total recuperación, pero a día de hoxe Boni loce un pelazo que xa lle gustaría a algúns…
Pero o máis bonito de Boni non é o seu aspecto físico, senón o seu corazón. É submiso, obediente, sociable, cariñoso, besucón… un galán cunha enerxía enorme, capaz de conquistar a calquera coa súa mirada. Ven a coñecelo e o non poderás resistir!