Description

Poucos cans coñecemos neste mundo que tivesen tan mala sorte como Branca. Chegou a nós hai xa varios anos nun estado desastroso, deshidratada e cunha anemia salvaxe, era un saquiño de ósos cunha mirada tan triste que che rompía o corazón. Naquel momento era unha cadela nova e recuperouse rápido, pero os seus continuos problemas de alerxia na pel e o exceso de humidade do refuxio, fixeron que tivésemos que buscar unha casa de acollida permanente para ela tras 5 longos anos vivindo no noso refuxio.
Branca foi feliz nunha casa de acollida durante 3 anos, pero as circunstancias da vida fixeron que tivese que volver de novo connosco, co corazón feito pedazos. Esta pequena con tan mala sorte aproxímase moito ao que consideramos un can perfecto, non se pode ser máis boa, agradecida, alegre, respectuosa e atenta que ela. É ademais unha cadela cun aspecto absolutamente orixinal, non se parece a ninguén, é toda ela un deseño exclusivo.
Branca é tremendamente leal e agradecida, a primeira en vir saudarnos cando entramos no refuxio, cariñosa e besucona ata a esaxeración, alegre, saltarina e simpática como poucas, unha polvorilla que sempre nos fai sorrir e sentirnos afortunados de poder compartir un ratiño con ela. Agora, con 8 anos encima, sabemos que o terá máis complicado, pero é precisamente neste momento cando necesita unha casa máis que nunca.
Branca sofre unha alerxia idiopática, que sen ser nada especialmente grave nin que comprometa a súa vida, si que compromete o seu benestar porque lle causa conxuntivitis e otitis practicamente constantes, nun fogar unha alerxia é fácil de controlar pero nun refuxio no monte con outros 100 cans máis é imposible. É por este motivo, que está dispoñible para acollida permanente, APADAN faise cargo dos seus gastos veterinarios para sempre.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si