Description

Esta moza de ollos alegres chámase Búa, e é apenas unha cachorra de 10-11 meses nun corpo de adulta. Chegou a nós desde Portugal, despois de ser recollida por uns adoptantes que a atoparon na rúa nos ósos, e con eles pasou uns días ata que atopamos oco no noso refuxio.

Búa é cariñosa, xoguetona, activa e explosiva, todo o vive intensamente, por iso é a cadela que máis abrazos e bicos da do refuxio enteiro. Cos demais cans se leva estupendamente, aínda que ás veces hai que pedirlle que pare, se por ela fóra, estaba as 24 horas do día xogando e saltando sen parar.

Búa é un bulebule de emoción, un saco de mimos con catro patas que estará disposta a seguirche ata o fin do mundo. Necesita longos paseos e unha vida con moita actividade, xa que lle vai moito a marcha! se queres vivir unha nova aventura, Búa é a compañeira perfecta.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si