Description

Esta mangallona chámase Bubba e é unha mastina noviña que adorna a súa xa preciosa cariña cun contaxioso “sorriso” perruno. Leva aínda pouco tempo connosco, pero xa nos deixou coñecer á rapariga doce, alegre, boa, submisa e algo tímida que leva dentro.

Bubba é unha cadela moi nova, de pouco máis dun ano de idade, con corpo de xigante pero corazón de nena pequena. Pasouno mal na súa curta vida, pero conserva intacta a ilusión de atopar o seu lugar no mundo. Aínda non sabe moi ben que esperar desta nova situación, pero excede esperanza e ganas de agradar.

Bubba será unha raíña, pero polo momento é só unha “nena” inocente, sensible, e algo desconcertada, para a que o mundo é un misterio. Unha princesa en busca dun reino onde poder empezar a vivir. Ven a coñecela, e déixache “contaxiar” polo seu sorriso!

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si