Description

Esta forelliñas tan guapa chámase Cara e a súa historia está tremendamente marcada polo abandono. Cara chegou a nós sendo bastante noviña, despóis de pasar moito tempo na rúa, onde xamáis atopou un xesto amable nin compasión por parte de ningunha persoa. Foi a través doutra protectora de animais que coñecimos a súa historia e, aínda que o seu rescate foi bastante complicado, pronto fixémoslle un sitio en APADAN.

Os seus primeiros días foron difíciles e costoulle moitísimo acostumarse á nosa presencia, mais estos anos no refuxio foron un aprendizaxe continuo. Cada paso que da hacia diante é unha alegría inmensa para todos nós, o seu primeiro movemento de cola, o seu primeiro ladrido, o seu primeiro olfateo… aínda lle  quedan moitos pasos no seu camiño.

Cara vive feliz en APADAN, ten unha vida tranquila lonxe do trafego e movemento da cidade. Non sabemos se algún día aparecerá unha familia para ela, porque o seu carácter é moi especial, pero o que si sabemos é que a protectora é o seu maior refuxio e que vive sen estrés, como a ela lle gusta.

 

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si