Description

Chess é un canciño moi novo, de apenas 2 anos de idade, cun pasado descoñecido, pero sen dúbida, moi duro. Sufriu unha lesión na cabeza que lle fracturou o óso parietal esquerdo, con afundimento cranial, e que a día de hoxe non lle impide facer vida normal, pero como consecuencia, ten a cabeza permanentemente ladeada. Non sabemos como se fixo semellante lesión, pero o que é evidente, é que foi dun golpe.

Este pasado tan difícil fíxoo ademais moi medorento coas persoas que non coñece. Chess non vai achegarse xamais a aqueles humanos que entran por primeira vez pola porta do refuxio, de feito, é o primeiro que se esconde no seu berce para desaparecer o mundo as fins de semana. Tampouco é un can que poida vivir con nenos pequenos porque todo ruído ou movemento lle estresa demasiado. Con todo, é un can doce e cariñoso como ningún cando coñece, sóbeseche con tanto coidado que é conmovedor, sempre silencioso, desexando que o acariñes pero sen excesos… coa familia adecuada e moita paciencia, poderá vivir tranquilo e feliz, porque el poñerá todo da súa parte.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Cachorro

Esterilizado:

Si