Description

Col chegou ao noso refuxio xunto a outros 3 cans dun terrible caso de amontoamento nunha casa dun pobo de Pontevedra. Unha casa cuxos donos, querendo axudar a cans que se atopaban abandonados, acabaron xuntando baixo o seu teito a ao redor de 70 animais nunhas condicións hixiénico-sanitarias espantosas. Col é este avó tan tenro e simpático que está a rexuvenecer a pasos axigantados desde que entrou en APADAN.

Col é sociable, alegre, inquieto, xoguetón, é imposible aburrirse con el, é un eterno cachorro que está a desexar atopar un lugar onde pasar a súa xubilación.

Col está en adopción ou en acollida permanente. Ti só tes que poñer a túa casa e moito agarimo. APADAN faise cargo dos seus gastos veterinarios para sempre.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Senior

Esterilizado:

Si