Description

Cream chegou a APADAN despois de pasar toda a súa vida atada a unha cadea nunha leira xunto a outros cans que se atopaban na súa mesma situación. Esta cadela “guardiá” conseguiu a súa liberdade grazas a un colectivo que denunciou o estado no que se atopaban eses pobres animais, e agora ela atópase no noso refuxio á espera dunha vida mellor, lonxe xa dos malos tratos e a miseria.
Cream é unha cadela nova coa mochila chea de enerxía. É alegre, entusiasta, poderosa, e moi activa. Cream non é das que se tirará aos teus pés tan pronto che coñeza, pero só fan falta unhas chuches ricas para conquistala.
Cream desprende ilusión por todos os poros da súa pel, está a descubrir que significa a palabra liberdade e mira á vida con paixón, todo nela é vida. Se queres unha moza aventureira e deportista, con ganas de comerse o mundo, Cream é a compañeira perfecta.
Para adoptar a Cream será necesario contar coa licenza de can “potencialmente perigoso”.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si