Description

Non sempre hai que fiarse da cariña de nena boa das noviñas… como a de Delhi, unha cadeliña que parece formal, pero é en si mesma unha portentosa forza da natureza. Delhi é unha semente invencible abríndose paso nunha beirarrúa. Vida pura. Efémera e eterna primavera.

Delhi e a súa volcánica alegría representan a inocencia doce e salvaxe da gloriosa mocidade. É alegre, xoguetona, boa, amiga de todos os cans do mundo, sensible, cariñosa e espabilada. É algo tímida cando non coñece, pero esquécenselle todos os seus medos en canto lle tiran unha pelota e empeza a festa.

Delhi é unha xove incansable que necesita vivir con xente, e animais se os hai, que sexan tan incansables como ela. Foi abandonada tirándoa para dentro dunha leira por encima do valo. Esa traizón doeulle moito, pero xa está a empezar a esquecer e pronto será só un afastado pesadelo. Ela é un exemplo máis de que as flores máis fermosas nacen ás veces nos lugares máis infames. Delhi é unha obra de arte que espera poder encher pronto algún fogar coa súa beleza e alegría.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si