Description

Esta mangallona tan espectacular chámase Dina, e aínda que o seu gran tamaño podería impoñer a moitos, non pode ser máis doce e boa. Dina é desas cadelas que a vida non a tratou ben, por iso móstrase desconfiada con descoñecidos, observando sempre desde a distancia. Agora ben, cando colle un pouquiño de confianza, non pode ser máis cariñosa.

Dina nunca será das que reciban ás visitas con saltos de alegría, pero estamos seguras de que cos da casa, será a cadela máis entregada e fiel do mundo. Un corpo enorme cun corazón roto que está a buscar un fogar tranquilo para recompoñelo.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si