Description
Eiden chegou ao refuxio nun estado físico terrible, sen apenas pelo, totalmente parasitada, unha infección no oído esquerdo enorme, anemia, e totalmente derrotada. Acabou connosco tras ser rescatada por unhas mozas da zona de Costa da Morte incapaces de mirar para outro lado. Seguramente non cheguemos nunca a coñecer a súa historia, pero todo parece indicar que se trata dunha “cadela-cadea”, o último e esquecido elo dunha infame cadea que un día, de forma accidental ou intencionada, rompeu. Eiden non é unha cadela “salvaxe” que chegase a ese estado por estar sobrevivindo soa no monte. Canto mellor podería sobrevivir ela soa que retida por bestas!
Tras dous meses de coidados e visitas ao veterinario, esta raíña guerreira está practicamente curada das súas feridas. Eiden non garda ningún resentimento. É tan forte, tan nobre e valente, que xa perdoou todos os malos tratos sufridos.
A raíña Eiden é tremendamente fácil de querer e tennos namorados a todos os que a coñecemos. Desprende inocencia e tenrura coma se nunca nada malo a rozase. É tranquila, cariñosa, agradecida, sensible, nobre, e doce como a brisa de verán. O momento de atopar para ela un fogar chegou, quizais sexas ti a persoa que ela está a esperar.
Sexo:
Hembra
Tamaño:
Grande
Edad:
Adulto
Esterilizado:
Si