Description

Estes ollos, grandes como mundos, pertencen a un canciño chamado Eume, e chegou a nós despois de ser retirado polas autoridades, tras unha denuncia por malos tratos animais. Eume chegou sendo un saquito de ósos, pero xa case está recuperado.

Eume vai mellorando rapidamente a ollos vista. E non só fisicamente, senón tamén emocionalmente. As primeiras semanas era un feixe de nervios, un can ansioso que non se daba tregua. Tan falto de todo que non sabía a que atender. Tan interesado nos outros cans que resultaba pesado e angustiáballes, obsesionado pola comida, e camiñando sen rumbo nin descanso como un rato nunha roda sen fin. Era como un preso que ao fin conseguise a súa liberdade despois de vivir retido en soidade na peor dos cárceres. Resultaba ata doloroso asomarse aos seus ollos e contemplar o seu esnaquizado espírito.

Eume segue con fame de todo, pero moito máis tranquilo. Aos poucos imos coñecendo ao animal que realmente é. Un pequeno can: listo, curioso, decidido, nobre, sociable e cariñoso. Cando camiñamos polo patio levámolo aos nosos pés refregándose nas nosas pernas como un gatiño. Sabe dar agarimo con todo o seu corpo. Entrégao todo sen gardarse nada.

Eume é agora moito máis feliz e querido do que o foi xamais na súa vida. Pero é de xustiza que atope un fogar e saiba por fin o que é ter unha familia de verdade. Os seus ollos son como noites sen estrelas que esperan con ansia a luz do amencer. Ti podes ser esa luz que lle mostre o diferente que pode ser o mundo cando o compartes con alguén que che quere.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si