Description

Flecha chegou a APADAN cos seus 6 cachorros despois dunha vida chea de miseria e abandono. Parece difícil entender que alguén puidese ” desfacerse” dunha cadela tan excepcional como ela: obediente, equilibrada, sempre alerta, nobre, atenta, cariñosa, alegre e unha nai xenial.

Os seus cachorros hai xa un tempo que foron adoptados, pero a nai Flecha espera agora un fogar acorde ás súas necesidades. E non é que ela pida moito, é unha cadela todoterreo que se adaptará ao mellor dos fogares nun airiño, unha cadela que se converterá en compañeira, guía, coidadora dos seus… como só ela sabe facer. A familia que lle abra as portas do seu fogar, levará unha xoia única e irrepetible.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si