Description

Folga é unha cadeliña moi tímida que recollimos despois de levar moito tempo vivindo na rúa. A xente da zona cree que xamáis tivo unha familia, e dende que naceu tivo que buscarse a vida por sobrevivir como puido ela soa. Por sorte, un día entrou na casa duns veciños e fixo amizade co can da familia, e foi entón cando tivemos ocasión de coñecela e traela ao refuxio.

Folga é unha cadela tímida, que aínda que lle costa un pouquito achegarse á xente, ela quere ser amiga de todos. É moi boa compañeira cos demáis cans, e aínda que lle queda moito que aprender, sabemos que pronto romperá a barreira da timidez e deixará ver esa parte que está desexando que vexamos, a desa amiga que non nos vai a defraudar xamais.

Folga só necesita un pouquiño de tempo para gañar a súa confianza, esperamos que pronto algunha persoa esté disposta a darllo e que poda gozar dun fogar.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si