Description

Nada menos que dende a zona de Noia chegou Fosca a APADAN, filla dunha cadeliña abandonada, foi recollida por unha familia estupenda que a coidou todo o tempo que fixo falla ata que tivemos oco en APADAN. Aos meses foi adoptada pero non tivo sorte coa familia e tivo que volver ao refuxio.

Fosca chegou sendo xoven, pero xa pasaron algúns anos dende que entrou pola porta do refuxio. É inocente e bonachona, cariñosa con todo o mundo, sociable e respectuosa con todos os seus compañeiros, e xamáis faría dano a ninguén. Ela só quere agradar a todo o que coñece, e está disposta a aprender calquera cousa que lle ensinen.

Fosca é ideal para calquera familia que queira unha cadeliña activa e xoguetona, esperamos que pronto chegue a súa oportunidade.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si