Description
Esta “bonequiña” chámase Garra e é tan adorable como parece. Algo tímida cando non coñece, pero extraordinariamente entregada en canto ten algo de confianza.
Garra é un corazonciño con patas. Superboa cos seus compañeiros perrunos e humanos. Unha cadeliña simpática, divertida, “faladora” e zalamera como ninguén. Vive para nós, sempre atenta buscando agarimo, e tamén calquera lambetada que lle poida “caer”.
A pesar de vivir na precariedade dun refuxio para cans sen fogar, ela agradécenolo coma se tivésemola nun palacio. As auténticas princesas son así… converten en marabilla todo o que tocan. Onde Garra aposenta o seu precioso corpo, todo resplandece iluminado pola súa cálida luz.
Sexo:
Hembra
Tamaño:
Pequeño
Edad:
Adulto
Esterilizado:
Si