Description

Din que os príncipes azuis non existen, pero están equivocados, e estamos en condicións de demostralo porque nós temos un. Chámase Grillo e é un principiño de pouco máis dun ano que chegou a APADAN xunto con dúas cadeliñas provenientes dunha leira onde vivían permanentemente atados un total de 9 cans en vergoñosas condicións.

Grillo e os seus compañeiros de desgrazas son cans que non coñecen nada do mundo. A súa socialización é nula e enfróntanse ás súas novas circunstancias cos olliños cheos de abraio dun recentemente nado. Grillo está asustado con todas as novidades que hai na súa vida, e cada vez que algunha persoa nova tenta achegarse a el, escóndese no seu berce, tratando de desaparecer do mundo.

Aínda requirirá algo de traballo conseguir que volva confiar, pero demostrou neste tempo que pode facelo. Coas persoas que ve cada día, síntese cómodo, alégrase moitísimo cada vez que as ve, e deixa ver ese lado cariñoso e doce invisible para as visitas.

Ás veces os príncipes azuis non saben o especiais que son porque sempre foron tratados como lixo. Grillo requirirá tempo e paciencia, pero nas mans adecuadas, será o compañeiro perfecto.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si