Description

Iris chegou a APADAN xunto ao seu irmán Nico, despois de varios anos vivindo cunha familia, pero por circunstancias da vida, da noite á mañá víronse obrigados a entrar no noso refuxio. Ambos son cans extremadamente cariñosos, sociables, alegres, bos e entusiastas.

Dos dous, Iris é o máis tranquila, é unha moza equilibrada e serena, que transmite paz coa súa mirada. Iris morre de ganas de atopar un bo fogar onde a vaian a coidar moito e  para sempre. Os seus ollos piden a berros un fogar. Quizá sexas ti a familia que ela tanto necesita.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si