Description

Isaac é un anaco de pan de 15 kg, nobre, obediente, zalamero, alegre e con ganas de agradar. Gústalle moito a xente e é moi sociable, aínda que como bo maduriño, un pouco terco cando se empeña en algo…

Gústanlle os paseos longos e ás veces parece incansable, pero ao mesmo tempo é un can moi tranquilo e apenas te decatas de que está. Tamén é moi limpo e sempre espera a que o saques fose para facer as súas necesidades.

Na foto podedes ver que ten o ollo dereito de cor branca, e é que nel perdeu toda a visibilidade pero polo esquerdo ve perfectamente e fai vida totalmente normal.

Isaac é un can excepcional, dos que fan a vida moito máis fácil. Un pedaciño de pan desexoso de formar parte dunha familia humana.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si