Description

Esta cadela chámase Killa e é unha das criaturas máis especiais que vivisen nunca no noso refuxio. Unha cadela faldeira tamaño XXL cun corazón tan enorme que non lle cabe no peito. A cousa máis doce, boa, cariñosa e obediente do mundo enteiro!

Killa é tan fabulosa que xa atoparía fogar hai tempo se non fóra pola “desgraza” de haber nado pertencendo a unha das razas catalogadas como potencialmente perigosas, iso convértea en vítima dunha chea de prexuízos, descoñecemento e incomprensión.

Killa é unha cadela potencialmente perfecta. Unha deusa extraordinariamente: poderosa, sensible, alegre, afectuosa, atenta, entusiasta, xoguetona, obediente, lista e moi graciosa. E o máis importante de todo é que, a pesar de non ser xa unha cadela nova, continua sendo unha rapariga entusiasta que conserva a ilusión do primeiro día, nunca perdeu a esperanza de atopar un fogar.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si