Description

Esta cadela chámase Kimba e xa é a segunda vez que está no noso refuxio, foi recollida de pequena cando era só unha pobre cachorra abandonada, ao pouco tempo foi adoptada pero, varios anos despois, volve verse nun canil sen entender o porqué, está de volta por causas alleas a ela que non queremos entrar a valorar porque a Kimba non lle serviría para nada.

Kimba é como un enorme oso amoroso, unha cachorra grande con esa descarada alegría que só un animal pode ter, non convive ben con femias pero con machos e con persoas non ten problema, é unha cadela boa, limpa, cariñosa, lista e obediente cando lle parece ben a ela.

Se che gustan as “mozas” grandes de aspecto tan orixinal que as distinguirías en calquera lugar do mundo, se o que che vai a ti son os cans tan agarimosos que che abriguen ata a alma no inverno, que che coman a bicos con máis frecuencia do aconsellado pola organización mundial da saúde, que estean sempre enriba e a pesar das precaucións énchanche a roupa de pelos no minuto 1, se os cans que che gustan son os decididos, descarados, divertidos e aventureiros, esas criaturas de 4 patas cunha personalidade tan abafadora que deixarías de ser coñecido no barrio polo teu nome e pasarás a ser “o dono de Kimba”, eses cans tan honestos que son capaces de meterche en líos e sacarche de líos ao mesmos tempo porque eles teñen a capacidade de deixar exposta a verdade que ás veces non queres ver, se che gusta todo iso…, Kimba é a túa cadela, naceu para ti e xa estás a tardar en vir buscala.

 

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si