Description

Esta beleza morena chámase Kira e chegou a nós hai xa algúns meses. As persoas que nola trouxeron dixéronnos que, ademais de abandonada, tamén fora maltratada, iso fai dela unha cadela tímida que aínda non ten claro que pode esperar de nós. A pesar dos seus medos, non se pode ser máis boa nin máis inocente do que é ela. Tampouco se pode ser máis guapa; o seu pelo, dun negro intenso, faia brillar á luz como unha preciosa perla negra.

Esta princesa acibeche necesita atopar a unha persoa paciente e comprensiva que non busque amores instantáneos, o amor de Kira hai que gañalo. Ela recompensará o esforzo cunha tenrura e lealdade infinitas.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si