Description
Esta preciosidade chámase Laika e, se non é a cadela perfecta, achégaselle moito. É sociable, obediente, lista, respectuosa, doce e moi moi moi cariñosa. Nós querémola moito, en realidade sería imposible non querer a unha cadela tan boa… e ela tamén nos demostra o seu afecto á menor ocasión.
É unha cadela “de xente” que non é nada feliz vivindo nun refuxio entre tanto can. Gústanlle os seus compañeiros, son os seus amigos, pero para ela a súa familia ten que estar formada por persoas.
Non hai cadela máis entregada, leal, agradecida e atenta que ela no mundo enteiro. O seu corazoncito é unha xoia de valor incalculable que se merece atopar o mellor dos fogares.
Sexo:
Hembra
Tamaño:
Mediano
Edad:
Adulto
Esterilizado:
Si