Description

Esta preciosidade chámase Laika e, se non é a cadela perfecta, achégaselle moito. É sociable, obediente, lista, respectuosa, doce e moi moi moi cariñosa.  Nós querémola moito, en realidade sería imposible non querer a unha cadela tan boa… e ela tamén nos demostra o seu afecto á menor ocasión.

É unha cadela “de xente” que non é nada feliz vivindo nun refuxio entre tanto can. Gústanlle os seus compañeiros, son os seus amigos, pero para ela a súa familia ten que estar formada por persoas.

Non hai cadela máis entregada, leal, agradecida e atenta que ela no mundo enteiro. O seu corazoncito é unha xoia de valor incalculable que se merece atopar o mellor dos fogares.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si