Description

Lana chegou a nós, xunto con varios cans máis, procedentes dunha finca onde máis dunha ducia deles malvivían en pésimas condicións. Ela era, das que chegaron a nós, a que peor estaba: escuálida, con feridas, e parasitada ata límites inconcibibles.
Lana está cega dun olliño pero iso non lle quita de facer vida perfectamente normal. A pesar do dura que foi a súa vida, é unha cadela magnífica, intelixente, sociable, atrevida, cariñosa, extraordinariamente nobre coa xente, e maternal cos cans que comparten vida con ela. Unha líder nata á que todos os seus compañeiros miran cando non saben que facer.
Lana é unha fada boa capaz de facer florecer a primavera por onde queira que vai. Cando che sorrí é imposible non imitala. Non existirá nunca vacina para esa extraordinariamente contaxiosa e profunda alegría que sentes cando lle devolves o sorriso a un can bo coma ela.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si