Description

Este guaperas de pelo rebelde chámase Leo, e veu a APADAN para namorarnos a todas . Leo é de tamaño pequeno, noviño e cunhas ganas tremendas de comerse o mundo. É zalamero, cariñoso, bo e con moita enerxía, non hai obstáculos para el na vida!

Un can disposto a repartir agarimo a todo aquel que queira tenderlle unha man amiga. Se ti tamén sentiches amor a primeira vista… escríbenos! Leo estará encantado de coñecerte.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si