Description

Este pequeno chámase León e tivo moi pouca sorte na vida. Recollémolo hai uns anos cando o seu dono faleceu e quedou abandonado xunto aos seus irmáns nunha leira. Foi adoptado ata en dúas ocasións, pero en ningunha das familias adaptouse á perfección, así que se viu obrigado a volver ao refuxio e compartir canil con outros compañeiros.

León é un can cunhas inseguridades enormes que o fan tímido con descoñecidos, pero absolutamente entregado cando colle confianza. Os seus medos non o fan compatible con nenos a día de hoxe, pero con adultos non ten maior problema.

É un can aínda novo, activo e xoguetón. É obediente e moi dependente das persoas coas que vive, pero algo arisco con aquilo que descoñece. No refuxio convive con femias, pero non tolera a convivencia con machos.

Sería moi inxusto volver equivocarnos con este pequeno que non fixo nada malo na vida. Só necesita unha familia tranquila que saiba entendelo e tratalo con toda a delicadeza que unha alma rota require.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si