Description

Esta cousiña tan doce chámase Luana e non está no noso refuxio porque sexa unha cadela abandonada ou non querida. Luana tiña unha persoa que a quería e coidábaa, e era unha cadela feliz. Pero, cando esa persoa tivo que ingresar nunha residencia, todo o seu mundo derrubouse. Ata hai pouco tiña o consolo de estar co seu compañeiro, un setter chamado Pinto, pero el atopou o seu novo comezo, e agora é moi importante que tamén o atope ela.

Luana é algo insegura, pero extraordinariamente boa con todo o mundo, o seu corazón é de ouro puro. É tenra, obediente, respectuosa, amorosa, pacífica, adorable, sensible e activa. Fortaleza e fraxilidade no mesmo precioso envoltorio. Un anxo con cara de anxo capaz de iluminalo todo coa súa presenza. Sementa amor e dozura cunha sinxeleza asombrosa. É toda ela un tesouro de incalculable valor.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si