Description
Luca chegou a APADAN despóis de vivir un tempo nunha aldea de Lugo, alí a alimentaban e se ocupaban máis ou menos dela, mais tardaron semanas en poder rescatala porque era desconfiada e non se achegaba á xente.
Cando por fin chegou a APADAN, Luca púxonolo realmente difícil, tiña moitísimo medo ante a presenza de calquera voluntario, non nos quería ver nin en pintura, e tardamos varios meses en poder achegarnos a ela sen percibir un pánico inmenso nos seus ollos.
Agora Luca avanza cada día, segue sendo unha cadela extremadamente medosa pero aprendeu moitas cousas dende entón: sae de paseo a diario e recibe mimos das coidadoras do refuxio, que son as personas nas que ela confía plenamente. Aínda temos que descubrir moito dela e ela aínda ten moito que dar, camiña hacia diante e iso é que importa, e esperamos que pronto poida esquecer ese pasado tan horrible que preferimos non imaxinar.
Luca necesita a unha familia que saiba conquistala, unha familia especial para esta cadela que é todo bondade, un pedaciño de pan que se entregará en corpo e alma a aquel que saiba achegarse a ela e devolverlle a esperanza.