Description

Esta peludiña de ollos alegres chámase Luna e é unha das cadelas máis doces deste planeta. Chegou a APADAN cando a súa familia non puido facerse cargo dela, e a súa maior ansia na vida é volver atopar outro fogar onde a queiran moito e para sempre.
Luna é desas cadelas que morren por unha caricia, que están sempre pendente dos nosos movementos, alá onde imos, ela séguenos co único obxectivo de que lle fagamos un pouquiño de caso. Cos demais cans non ten ningún problema, convive con machos e femias e é respectuosa con todos os seus compañeiros, pero o seu son os seres humanos, eses que a acompañaron ata o de agora, cando as circunstancias obrigárona a vivir nun refuxio para mellores amigos abandonados.
Quen leve a casa a esta pequena boliña de pelo, saberá o que é atopar unha alma xemelga, esa que a acompañará ata a morte se fai falta.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si