Description
Hai uns anos rescatabamos en Oza dos Ríos a un dos animais máis abatidos que coñecésemos nunca, un can que posuía a lamentable honra de ser o dono da mirada máis triste do mundo. Custoulle moito arrincar pero dende entón superou todas nosas espectativas, ata converterse nun can tímido con descoñecidos, pero megacariñoso e sociable con todos os voluntarios.
Mac é como un peluche xigante que ten a todo o persoal do refuxio namorado. Cariñoso como ningún, tamén é un can independente, convive sen maior problema con varias femias, pero non é compatible con machos nin con cans pequenos. En verdade, cremos que sería perfecto como “fillo único”.
A Mac non lle gustan as présas, nin os sitios con moita xente, el é un mozo tranquilo que viviría feliz nunha casiña con xardín onde gozar de sestas ao sol e durmir calentito polas noites dentro de casa.