Description

Esta xoven de ollos tristes chámase Maxi. Chegou ao refuxio tras pasar un tempo na rúa, por iso é tímida con descoñecidos e insegura ante situacións novas. Con todo, Maxi é unha cadeliña curiosa e moi lista, aprende rápido todo o que lle ensinas, e aínda que o seu corazón aínda sofre as consecuencias do abandono, pronto será a compañeira perfecta dunha vida de aventuras… porque se hai algo que lle guste especialmente, son os paseos polo monte. Tedes que ver como goza! E ademais, camiña xenial coa correa.

Maxi é unha cadela cun pasado difícil, xa é hora de que a vida lle regale un futuro máis fácil. Se decides vir coñecela e gañar a súa confianza, terás moi pronto en casa unha cadela obendiente, boa, cariñosa, divertida e fiel.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si