Description

Este avó tan guapo chámase Micky, é un grandullón de 12 anos de idade que se quedou sen familia cando o seu dono, que era un señor moi maior, tivo que ingresar de forma definitiva nun centro por problemas graves de saúde. 

Micky é un can moi sensible que se emociona enseguida. Ademáis é tamén un animal extremadamente limpo, incapaz de facer as súas necesidades dentro da casa. É un can moi doce, cariñoso, tranquilo, e bo, ao que lle está costando comprender que quedou sen familia á súa idade. Lévase ben con todos os cans, e é moi apegado ás persoas.

Micky está dispoñible en adopción ou acollida permanente. Neste último caso ti só tes que facerlle un oco na túa casa e querelo moito, nós farémonos cargo dos seus gastos veterinarios para sempre.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Grande

Edad:

Senior

Esterilizado:

Si