Description

Este precioso paticorto é o doce Mikado, un can novo e de tamaño pequeno ao que lle encantan os outros cans cos que non para de correr e xogar. É tímido coas persoas, e ao principio cóstalle coller confianza, pero cando o fai no podes parar de rir con el! É un pallasete nato, un can orixinal ao que quererás achuchar todo o rato. Cando che ve se pon moi contento e empeza a correr con esas patiñas dun lado a outro e sen unha clara dirección. Como a todos, encántalle tragar así que todas as chuches son benvidas!

Mikado goza dos paseos polo monte e dos mimos ocasionais que podemos ofrecerlle, pero merece moito máis! Por iso buscamos para el o mellor dos fogares. Alguén que entenda que con el no valen as présas, senón a calma e o agarimo. Se buscas un compañeiro doce, paciente, simpático e tragón… non busques máis!

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si