Description
Esta “orejotas” de ollos tristones chámase Milla e é unha das criaturas máis doces de todo o refuxio. Foi atopada vagando por un monte nun estado físico moi malo, pero as feridas máis graves que ela tiña eran da alma. Milla tiña pánico a todo, especialmente ás persoas, pero uns colaboradores coidaron dela unha tempada antes de entrar no noso refuxio, e axudáronlle a superar os seus medos máis profundos.
Milla é unha cadela con moita enerxía, alegre, activa, mimosa, e especialmente glotona. Non hai como poñerlle unha chuche rica para que se renda aos teus pés!
Cos outros compañeiros do refuxio relaciónase sen problema, pero é unha moza con personalidade forte, e así como coas persoas é insegura e submisa, cos cans gústalle levar a voz cantante.
Milla é unha cadela moi nova cun pasado difícil. Necesita unha familia tranquila e paciente que lle axude a terminar de superar todas as súas inseguridades.