Description

Esta pastorciña chámase Musta e chegou a APADAN coa súa nai Troula, despois de ser retirada a unha persoa que as tiña vivindo en moi malas condicións. Musta tivera moi pouco contacto con descoñecidos ata o momento que entrou no noso refuxio, por iso o seu carácter é desconfiado.

Os primeiros meses apenas deixaba que nos achegásemos a ela, ladrábanos e non quería vernos nin en pintura. Era evidente que Musta morría de medo, así que tratamos de non forzar a situación e facer unha adaptación gradual á nova situación.

Co paso do tempo foi rompendo esa barreira e adaptándose á vida no refuxio e a nós. Hoxe en día segue sendo moi medosa con descoñecidos, pero aprendeu a camiñar con correa, acepta a nosa caricias e, sobre todo, as chuches, non hai ningunha que se lle resista…

Musta é unha cadela nova con moita vida por diante. Só é necesario que chegue a familia acorde ás súas necesidades, esa que saiba comprender a súa timidez e respectar o seu ritmo de adaptación e aprendizaxe.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si