Description
Esta pasada primaveira cumplíronse os 7 anos dende o día en que esta cadela tan magnífica entraba pola porta do refuxio. Ela chámasa Nala e a pesar da súa pouca sorte na vida é, e sempre será, unha cadela fabulosa, de porte impoñente e extremadamente cariñosa; é ademáis unha criatura xoguetona, alegre e moi obediente.
Nala está moi falta de todo, necesitaría moita máis actividade e atención da que nós podemos darlle, é unha cadela “de xente” que busca afecto e compañía en todo momento. Nala vive soa nun canil porque non convive ben con outros cans, non sabemos como sería nun fogar pero co estrés que a veces supón vivir nun refuxio podería haber roces que, dada a envergadura de Nala poderían acabar mal.
Nala é unha gozada de cadela e sería un luxo de compañeira para alguén cun pouco de coñecemento acerca das necesidades dun animal tan activo e cunha personalidade tan grande e bonita como a súa. Intentamos dar con ela paseos máis longos, e que sempre teña xoguetes no seu canil para matar un pouco o aburrimento, pero 7 anos, día tras día, se lle están empezando a facer eternos.
Nala é un dos animais con máis fame de vida que coñecimos xamáis, segue conservando a ilusión como o primeiro día, e a conservará ata o final. Está dispoñible para adopción ou acollida permanente.