Description
Esta cachorrona chámase Nea, aínda non ten nin un ano de idade e xa veu a dar coa súa apenas recentemente estreado corpo nun refuxio para animais abandonados. Dise que os ollos son o espello da alma, non sempre será verdade, pero é indubidable que polos seus ollos escápaselle a alma a gallarón.
Nea é exactamente o que parece, unha cadela moi noviña boa e inocente capaz de expresar un universo de emocións con apenas unha mirada. Nea é cariñosa, alegre, sensible, dócil, submisa, prudente, doce e boa amiga de todos os demais cans. Aprende rápido e con alegría porque nada lle gusta máis que aprender e compracer. Un corazonciño de caramelo envolto no mellor papel de agasallo: o da ilusión e a inocencia.
Sexo:
Hembra
Tamaño:
Mediano
Edad:
Cachorro
Esterilizado:
Si