Description

Nico chegou a APADAN xunto á súa irmá Iris, despois de varios anos vivindo cunha familia, mais por circunstancias da vida, da noite á mañá víronse obrigados a entrar no noso refuxio. Ambos son cans extremadamente cariñosos, sociables, alegres, bos e entusiastas.
Dos dous, Nico é máis botado para diante. É un can activo e cunha alegría de vivir enorme, o refuxio faiselle moi pequeno, e non lle está gustando nada vivir lonxe dunha familia.
Nico morre de ganas de atopar un bo fogar onde vaian a coidalo para siempre. O seu sensible corazón está pasando moito “frío”, quizáis sexas ti a persoa perfecta para enchelo de cariño e amor.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si