Description

Esta perriña de pelos alborotados chámase Nuska e leva xa un par de anos connosco. Ela non é das que se che tiren encima da emoción cando che ven por primeira vez, é unha perriña tímida e medorenta con descoñecidos, pero simpática e alegre cando colle confianza.

Sociable e respectuosa con todos os seus compañeiros de canil, sempre está disposta a dar un bo paseo polo monte, mesmo a remolonear un pouco para volver de novo ao refuxio. E que o paseo diario, ela non o perdoa!

Nuska é unha cadela que necesita unha familia paciente e que saiba entendela, que escoite o seu corazón e respecte o seu ritmo. Con tempo e despaciño, deixará ver o boa e agradecida que é. Só necesita unha oportunidade para demostralo.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si