Description
Este orellas tan simpático chámase Omar, foi abandonado polos arredores do refuxio nunhas condicións lamentables, ao principio todo era novo para el e se agobiaba cada vez que alguén se lle achegaba máis da conta. Como é un rapaz listo, co tempo aprendeu que algunhas persoas non somos tan malas como as que el coñecera no pasado, por iso agora síntese máis agusto con nós.
Cos descoñecidos continúa sendo bastante tímido, pero estamos seguras de que gañarse a Omar é cuestión de tempo. Quizáis o seu lugar no mundo non sexa unha casa con nenos nin demasiado movemento, pero cunha familia tranquila e paciente, el estará encantado seguro.
Cos demáis cans é bastante sociable, conviviu incluso con algún macho, aínda que se sinte moito mellor rodeado de chicas.