Description

Este mozo tan guapo chámase Paco e xa é a segunda vez que está connosco. Chegou cos seus irmáns sendo un cachorro de apenas 1 mes (moitos os lembraredes porque os deixaron tirados no medio do monte dentro dunha maleta), e pouquiño tempo despois foi adoptado.
Paco creceu feliz cunha familia, pero por motivos alleos a el, viuse obrigado a volver ao refuxio. Paco é un can alegre, xoguetón, sociable con todo o mundo, submiso e activo, como non podía ser doutra forma á súa idade (1 ano e medio). Non hai movemento nin detalle que se lle escape no refuxio, sempre atento a todo, esperando con ganas o seu paseo diario que goza ao máximo. É ademais un can moi listo e intelixente.
Cos demais cans é tamén moi sociable e pégase unhas boas carreiras coas súas compañeiras de canil, enchendo o patio de alegría. Moito fainos rir a todas as voluntarias!
Paco está afeito vivir nun piso, pero tamén estaría encantado en vivir nunha casiña con xardín. Non nos cabe a menor dúbida de que é un can todoterreo!

Sexo:

Macho

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si