Description

Pedrín é un cruce de podenco alegre e zalamero, que chegou a nós despois de vivir un tempo na rúa co seu irmán Petín. O seu rescate non foi fácil, pasamos varios días tratando de gañarnos a súa confianza, e finalmente conseguimos sacalo da rúa con gaiola-trampa.

Pedrín é o máis confiado dos dous, é un can novo, zalamero, que sabe apañárselas moi ben para saírse sempre coa súa… é como un pequeno diablillo traveso! É intelixente, obediente, activo e cariñoso, aínda que de entrada, se non che coñece, é un can bastante tímido e asustadizo.

Pedrín non está afeito a ambientes de moito ruído e movemento como unha cidade, pero con paciencia e agarimo, estamos seguras de que se adaptará a calquera situación. É moi glotón, así que é relativamente fácil gañarse a súa confianza con chuches e cousas ricas.

Se queres darlle unha oportunidade a quen nada tivo e buscas un compañeiro de vida alegre e entregado escríbenos! Pedrín poñerá todo do seu parte por adaptarse a unha vida chea de comodidades :-)

Nesta ligazón podes ver como foi o seu rescate: https://www.instagram.com/reel/Cyklhj9MfXi

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si