Description

Petín é un cruce de podenco extremadamente tímido, que chegou a nós despois de vivir un tempo na rúa co seu irmán Pedrín. O seu rescate non foi fácil, pasamos varios días tratando de gañarnos a súa confianza, e finalmente conseguimos sacalo da rúa cunha trampa e a axuda de varios veciños.

Petín é doce, bo, zalamero, moi novo… sempre observando todo desde a distancia.  Nunca será o primeiro en achegarse para pedir caricias, porque hai moita cousas que lle dan medo. Con todo, cando colle confianza, é un can cariñoso e entregado que daría a súa vida pola persoa que teña ao seu lado.

Petín nunca nada tivo, non está afeito á xente nin á vida urbana, pero con paciencia, tempo e agarimo, poñerá todo da súa parte por vivir nun fogar. Debido ao seu carácter tan asustadizo, non é a mellor opción para familias con nenos. Necesita unha casa tranquila con persoas que lle deixen avanzar ao seu ritmo, sen présas.

Nesta ligazón podes ver como foi o seu rescate: https://www.instagram.com/reel/cyklhj9MfXi

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si