Description

Estes olliños doces son dun “carameliño perruno” chamado Petit. Esta cadela tan marabillosa chegou a APADAN nun estado de xestación moi avanzado, no refuxio sacou adiante aos seus 7 cachorros (2 aínda viven connosco), e 3 meses despois, chegou a quenda de atopar un fogar para ela.

Petit é unha cadela extremadamente sociable, cariñosa, entregada, e tenra. O que máis lle gusta no mundo é a xente, e xogar coa pelota acotío. Se por ela fóra, nin comería, nin durmiría, pasaríase horas correndo detrás dos xoguetes.

Petit é unha cadela moi fácil de querer e de ter, é submisa e agradecida, compracente e sincera. Se queres unha compañeira activa e faldeira, que che acompañe ata o fin do mundo, Petit é o que necesitas. Iso si, por ser dunha raza considerada “potencialmente perigosa”, para formalizar a adopción, é necesario contar con licenza para tenza de animais PPP.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si